Novas
Astra nosa
Xoves 11 de xaneiro de 2007
Na madrugada do primeiro día deste ano deixou de later o corazón da nosa querida Astra Harris. Sentimos fondamente a perda da máis carismática e prestixiosa voz do seu Mozambique natal. Dende agora pertence xa á estirpe das grandes divas da música africana.
Coa súa presenza impactante estreamos Cantos na Maré unha noite máxica de agosto de 2003 en Pontevedra. Fíxonos vibrar aos alí presentes co seu ritmo trepidante e a forza do seu canto e unha corrente de simpatía percorreu a Praza da Ferrería cando ela se declarou galega. "Eu sou galega, minha gente". "Eu vos amo, galegos".
Nos tamén te amamos, Astra Nosa. Que a túa enerxía nos siga contaxiando e namorando o resto das nosas vidas!!!.
Uxía
Contacto
- Relacións cos medios
- Moisés Álvarez
- 625 204 119
- prensa@cantosnamare.org
- Material para prensa (2009)
- Dossier de prensa con vídeos (94 MB, PDF, require Acrobat Reader 9)
- Fotos e música